Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Intervención en saúde e educación social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Consistirán en sesións eminentemente prácticas desenvolvidas na aula (Role playing, Philips 6.6, estudo de casos, reestructuración cognitiva, etc.). relacionados coas temáticas da materia. Controlarase a asistencia. 5
Traballos tutelados O alumnado realizará traballos, individuais ou en pequenos grupos que serán tutelados polo docente. Estes traballos serán expostos ao gran grupo nas derradeiras sesións maxistráis. 30
Sesión maxistral Avaliaranse as 2-4 sesións de exposicións dos traballos tutelados do alumnado. Para a avaliación terase en conta as competencias de comunicación oral e o rigor a hora de presentar o traballo realizado polo alumnado. Controlarase a asistencia en todas as sesións maxistráis. 5
Probas de tipo test Consistirá nunha proba obxectiva de opción múltiple de resposta. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


REQUISITO PARA PRESENTARSE ÁS PROBAS DE AVALIACIÓN:  O alumnado deberá entregar a súa ficha debidamente cumprimentada nun prazo máximo de tres semanas facendo constar expresamente a modalidade elixida, o que implica contactar necesariamente co profesorado a principios de curso para comunicarlle a súa elección e poder ser convenientemente avaliado.



CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Terán a consideración de non asistentes, aqueles alumnos/as que non teñan acadado o 80% da asistencia as sesión presenciais, ou ben aqueles que antes da primeira semana de novembro non houbesen notificado a o profesor a modalidade de asistencia elixida. Para a súa avaliación teranse en conta os seguintes criterios, sendo obrigatorio para a superación da materia, ter participado, alomenos, nos dou primeiros apartados, dos catro que a continuación se describen,  e obter a cualificación final superior a cinco, como resultado da aplicación da seguinte  formula:



PF= ne + p + rt + pv


 PF = Puntuación final na asignatura.


 ne = Nota examen.


 p = Cualificación da práctica.


 rt =  Revisión teórica sobre un tema.


 pv = Puntuación na práctica voluntaria.


1. Proba obxectiva: Ata 10 puntos, debendo o alumno/a acadar un mínimo de 5 puntos para superala asignatura (a nota total suporá o 60% da cualificación da asignatura).


2. Traballo individual tutelado:  Valorarase ata 2 puntos, sendo a nota mínima para aprobar a actividade o 1. Unha puntuación por debaixo de ésta suporá o suspenso na actividade e tamén na asignatura (a nota total suporá o 25% da cualificación do alumno).


3.  Revisión teórica: ata 1 punto pola realización de un traballo teórico tutelado referido a unha temática relacionada co marco teórico-práctico da materia  (a nota total suporá o 10% da cualificación do alumno).


4.Traballos voluntarios: ata 1 puntoa (a nota total suporá o 10% da cualificación do alumno). , que unicamente se sumarán se o alumno obtén, alomenos as puntuacións mínimas nas actividades básicas de cualificación (proba obxectiva, traballo individual e revisión teórica).



SEGUNDA CONVOCATORIA: Para a convocatoria de xullo conservaranse as calificacións das competencias acadadas polo alumnado nas probas superadas na convocatoria de xuño. É dicir, na convocatoria de xullo examinaranse só das competencias/partes/probas non superadas na convocatoria anterior.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000