Nota: As cualificacións do cadro precedente aparecen expresadas en porcentaxes AVALIACIÓN ALUMNADO PRESENCIAL Para superar a materia será necesario, acadar como mínimo o 50% da puntuación nas seguintes probas: 1.-Traballos e proxectos+presentacións/exposicións (Necesario obter un mínimo de 1,5 puntos) 2.-Estudo de casos/análise de situacións (Necesario obter un mínimo de 1 punto) 3.-Proba tipo test modalidade A (Necesario obter un mínimo de 1,5 puntos) 4.-Traballos de aula+Foro de discusión (Necesario obter como mínimo 1 punto) Son criterios sumativos entre sí e nunca se poderá sumar se nalgún deles non se conquire o mínimo establecido. AVALIACIÓN ALUMNADO NON PRESENCIAL A avaliación deste alumnado farase de igual xeito que a do alumnado presencial, agás nas probas de Traballos de aula e presentacións/exposicións, sendo incrementada a puntuación correspondente destas á do tipo test. É decir, para superar a materia haberá que acadar como mínimo o 50% da puntuación nas seguintes probas : 1.-Traballos e proxectos (necesario obter un mínimo de 1 punto) 2.-Estudo de casos/análise de situacións (necesario obter un mínimo de 1 punto) 3.-Proba tipo test Modalidade B (necesario obter un mínimo de 2,75) 4.-Foro de discusión (Necesario obter un mínimo de 0,25 Son criterios sumativos entre sí e nunca se poderá sumar se nalgún deles non se conquire o mínimo establecido. IMPORTANTE:
-Todos os alumnos/as que non acaden unha asistencia aproximada a un 70%-80% das clases teóricas-prácticas pasarán automáticamente á forma de avaliación non presencial.
-A fórmula a aplicar na proba tipo test será: P=A-(E/n-1), onde P=puntuación, A= acertos, E=erros, n=nº de alternativas de resposta. Haberá 3 alternativas de resposta, sendo só unha delas a correcta.
-As actividades teóricas e prácticas poderán ser realizadas polo alumnado asistencial individualmente ou en grupo (máximo de 4-6). O alumnado non asistencial realizará as actividades de xeito individual.
SEGUNDA CONVOCATORIA XULLO
Conservaranse as cualificacións das probas superadas en xuño, tendo que examinarse só das partes non superadas. |