Nota: As cualificacións do cadro precedente aparecen expresadas en porcentaxes
AVALIACIÓN ALUMNADO PRESENCIAL
Para superar a materia será necesario, acadar como mínimo o 50% da puntuación nas seguintes probas:
- Traballos e proxectos + presentacións/exposicións (Necesario obter un mínimo de 1,5 puntos)
- Estudo de casos/análise de situacións (Necesario obter un mínimo de 1 punto)
- Proba tipo test modalidade A (Necesario obter un mínimo de 1,5 puntos)
- Traballos de aula+Foro de discusión (Necesario obter como mínimo 1 punto)
Son criterios sumativos entre sí e nunca se poderá sumar se nalgún deles non se conquire o mínimo establecido.
AVALIACIÓN ALUMNADO NON PRESENCIAL:
A avaliación deste alumnado farase de igual xeito que a do alumnado presencial, agás nas probas de Traballos de aula e presentacións/exposicións, sendo incrementada a puntuación correspondente destas á do tipo Test. É decir, para superar a materia haberá que acadar como mínimo o 50% da puntuación nas seguintes probas:
1. Traballos e proxectos (necesario obter un mínimo de 1 punto)
2. Estudo de casos/análise de situacións (necesario obter un mínimo de 1 punto)
3.Proba tipo test modalidade B (necesario obter un mínimo de 2,75)
4. Foro de discusión (necesario obter un mínimo de 0,25)
Son criterios sumativos entre sí e nunca se poderá sumar se nalgún deles non se conquire o mínimo establecido.
IMPORTANTE:
-Todos os alumnos/as que non acaden unha asistencia aproximada a un 70%-80% das clases teórico-prácticas, pasarán automáticamente á forma de avaliación non presencial.
--A fórmula a aplicar na proba tipo test será: P=A-(E/n-1), onde P=puntuación, A= acertos, E=erros, n=nº de alternativas de resposta. Haberá 3 alternativas de resposta, sendo só unha delas a correcta.
-As actividades teóricas e prácticas poderán ser realizadas polo alumnado asistencial individualmente ou en grupo (máximo de 4-6). O alumnado non asistencial realizará as actividades de xeito individual.
SEGUNDA CONVOCATORIA (XULLO):
Conservaranse as cualificacións das probas superadas en xuño, tendo que examinarse só das partes non superadas. |