Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación social no sistema educativo
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Seguimento e participación activa no desenvolvemento diario das clases e das actividades presenciais teóricas e prácticas propostas.
<br><br>
10
Traballos tutelados Traballos que realiza o alumnado consultando bibliografía e documentación, resolicoón de casos prácticos. 15
Presentacións/exposicións Exposición oral por parte do alumnado dun tema concreto ou dun traballo (previa presentación escrita). 25
Probas de resposta curta Proba individual de reflexión ou nos que se dea conta que se entenderon os contidos da materia.
<br>
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nas probas terase en conta a corrección na presentación e exposición escrita (presentación, expresión sintáctica e gramatical), o sentido crítico, esforzo de síntese e a capacidade de relacionar datos.

Para poder facer media é necesario obter no exame polo menos 3 puntos (sobre 5) e no traballo de exposición 1,5 puntos (sobre 2,5). Ademais precísase ter participado nos outros apartados a cualificar.

 Alumnado non presencial

 -Realización de dous traballos tutelados relacionados coa temática da materia, para o que se debe pór en contacto co profesor ao inicio de curso e comunicarlle tal situación. Puntuación, ata 4 puntos. Para facer media é preciso obter neste apartado polo menos 2 puntos e participar nas dúas actividades propostas.

- Realización dun exame sobre o temario: ata 6 puntos. Para facer media é preciso conseguir un mínimo de 3,5 puntos.

 Na segunda convocatoria, todo o alumnado conservará a parte (teórica ou práctica) xa superada e realizará só  aqueles apartados que non tivesen un grao de realización satisfactorio.

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000