Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación social no sistema educativo
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Integrar criticamente os supostos teóricos, filosóficos, históricos, sociolóxicos, psicolóxicos, pedagóxicos, culturais, políticos, lexislativos que están na base dos procesos de intervención socioeducativa
A2 Estar capacitado/a para o diagnostico e a mediación na prevención e resolución de conflitos en condicións de desigualdade e crises en comunidades socioeducativas
A3 Asumir e orientarse segundo valores de igualdade e de cidadanía democrática, e capacitar para a prevención e a mediación en casos de violencia nas súas diferentes manifestacións (simbólica, de xénero, laboral, escolar, sexual, étnica...)
A5 Coñecer os fundamentos do deseño e uso dos medios, recursos e estratexias para a intervención socioeducativa e incorporalos nos diferentes ámbitos de acción socioeducativa
A9 Desenvolver programas e proxectos no contexto familiar e escolar
A16 Elaborar e interpretar informes técnicos, de investigación e avaliación sobre accións, procesos e resultados socioeducativos
A18 Ter capacidade para potenciar as relacións interpersoais, desenvolver habilidades de comunicación interpersoal, solidariedade e empatía
A20 Asesorar na elaboración e aplicación de plans, programas, proxectos e actividades socioeducativas
A21 Asesorar e/ou acompañar a persoas e/ou grupos en procesos de desenvolvemento socioeducativo
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000