Traballos de aula |
Exercicios ou proxectos que os/as estudantes desenvolven na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do estudante. |
Saídas de estudo/prácticas de campo |
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos non académicos exteriores.
Entre elas pódense citar prácticas de campo, visitas a eventos, centros de investigación, empresas, institucións, etc., de interese académico-profesional para o/a alumno/a. |
Titoría en grupo |
Entrevistas que o/a alumno/a mantén co profesor da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe. |