Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación: Educación permanente
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula O alumnado desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do alumnado. Ata 25
Traballos tutelados O alumnado, de xeito individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma de/dos estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... Ata 25
Titoría en grupo Entrevistas que o alumnado mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Ata 25
Probas de resposta curta Avaliación dos resultados da proba realizada. Ata 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


Avaliación dos procesos e resultados de aprendizaxe. Criterios de avaliación


(Ante situacións imprevistas estes procesos poden flexibilizarse)


Prégase a entrega á profesora da ficha persoal, coa foto correspondente, durante  a primeira quincena de clase, (notificando a metodoloxía a seguir). Isto significa o compromiso serio coa materia dende o inicio do cuadrimestre. En caso de non presentarse no prazo fixado, entenderase que o alumnado non se presenta a esa convocatoria. A modo excepcional e xustificado o alumnado que non asista a materia seguirá outra metodoloxía marcada dende o inicio do curso.


É recomendable, constituír nos primeiros días do cuadrimestre grupos de traballo, para o bo desenvolvemento das intervencións educativas: traballos, talleres, etc. (En caso de existir algún problema xustificado como xa se especificou anteriormente, dentro dos primeiros días do inicio da materia, se contemplarán opcións individuais). O seguimento procesual destas intervencións pedagóxicas orientarase dende o inicio da materia, así como o modo de exposición ao grupo-clase, a través dassesións de titoría establecidas pola profesora. Nestas sesións de titoría farase constancia da implicación do alumnado na materia, xa que se orientará detidamente o modo de traballo e se aclararán as posibles dúbidas xurdidas ao longo do cuatrimestre. Distribuindo material específico.


-Pasos que hai que ter en conta nos traballos de grupo e individuais:constitución de grupos de traballo, elección dos temas, calendario xeral de exposicións, seguimento do traballo a través de titorías mantidas entre o grupo correspondente e a profesora, tanto a exposición oral como a presentación teórica, así como aqueles elementos de valoración da exposición do traballo. De aí que o seguimento titorial é obrigatorio e beneficioso para o alumnado.


Á hora deentregar os materiais fixados e traballados polo alumnado (artigos, comentarios de libros, traballo de grupo, materiais informáticos, etc.) recoméndase o seguinte:


-o cumprimento dos prazosde calendario establecidos para presentar os materiais. Ditos materiais entregadosseránorixinais(non fotocopias nin baixados de internet directamente. Se precisa unha reflexión previa dos mesmos).


-o coidado da expresión escrita e a coherente descrición das reflexións realizadas.


-a referencia completa das fontes documentais (libros, revistas, prensa, lexislación, web, etc.), aténdose ás normas bibliográficas internacionais: autor/a, ano, título, lugar, editorial, número de edición.


-na portada dos traballos figurarán os seguintes datos: título, nome e apelidos, universidade, facultade, tiulación , materia, profesora, curso, ano académico, etc.


-nalgunha fotocopiadora próxima a esta Facultade, elexida polo grupo-clase, iranse depositando os materiais-base de traballo relacionados coa materia.




 Criterios específicos de avaliación para alumnado asistente:


         Concedemos a este proceso avaliativo ou carácter de inicial, continuo, formativo e sumativo. Para iso establecemos as seguintes variables:


         1.- Asistencia e participación nas sesións metodolóxicas de clase, teóricas e prácticas (lectura de textos recomendados e implicación en diversas actividades programadas e desenvolvidas). Concretaranse días de presentación e análise dos materiais reflexionados (lectura, análise e comentario de textos traballados). É básica a puntualidade. Valoración 2,5 puntos.


         2.- Traballo de grupo e material informático confeccionado. Elaboración e presentación de intervencións educativas, é dicir, a elaboración dun programa de intervención pedagóxica sobre un tema relacionado coa materia. Este axustarase aos seguintes pasos: planificación, desenvolvemento e exposición, avaliación e retroalimentación. Estes temas concretaranse e consensuaranse durante as primeiras sesións de clase. Tamén se marcarán datas de exposición e entrega dos traballos. (Estes, unha vez presentados, non se devolverán. Recoméndase pois, quedar cunha copia destes antes da súa entrega a profesora). Valoración 2,5 puntos.


         3.- Traballo individual. Lectura dunha obra literaria e a súa intervención pedagóxica seleccionada polo alumnado. Presentarase por escrito, expoñendo a súa reflexión e vinculación con esta materia. Estableceranse prazos de entrega consensuados. Valoración 2,5 puntos.


         4.- Exame. As datas estarán expostas en zonas de información sobre o calendario de exames nesta Facultade. É básica a puntualidade. Valoración  2,5 puntos.


         A superación da materia implica ter alcanzado en cada unha das variables unha contribución mínima de 1,25 puntos. Se non se consegue esa puntuación, suponse que non se lograron os obxectivos mínimos da materia na súa totalidade.


Non obstante, cada un destes pasos explicarase e consensuarase detenidamente durante as primeiras sesións de clase.


 Criterios específicos para alumnado non asistente:


 O alumnado que, por motivos xustificados, non poida asistir a algunha sesión de clase, deberá cumplir todo o anterior e ademáis con un traballo extra persoal, Dossier,  que cubra esta/s ausencia/s (previo consenso coa profesora en sesións de titoría e durante as primeiras sesións do inicio da materia). Igualmente, deberá cumplir os tres outros apartados da evaluación. Ver punto correspondente.


O alumnado, que por motivos xustificados desde o inicio do curso seguirá un sistema de titorización individualizado a partir de todo o exposto neste Programa da materia, se concretará a principios de curso, notificándoo na ficha personal tamén, coa profesora nas sesións de titoría correspondentes, establecéndose o seu seguimento durante o cuadrimestre. É moi importante ter en conta esta puntualización.


O funcionamento do correo electrónico é para solucionar cuestións puntuais e extraordinarias. Intentarase responder no plazo mais breve posible. E non en época non lectiva.


 O uso do móvil, o respeto, a escucha na aula, o saber comportarse,…. son requisitos imprescindibles.


Avaliación do proceso docente


           Valoración dos alumnos e alumnas


O alumnado valorará a dinámica da materia, ben a través dun cuestionario elaborado expresamente pola profesora, e tamén a través da enquisa confeccionada por esta Universidade.


            Valoración do profesorado e decisións de cambio


Ante as suxestións de cambio manifestadas polo alumnado nestes cuestionarios, e tamén desde a traxectoria da materia no presente curso, a profesora prestará a debida atención para mellorar e retroalimentar o novo enfoque desta disciplina de cara ao seguinte curso académico.



Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000