Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación: Didáctica: Deseño e programación no ámbito socioeducativo
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Obradoiros Valoración do deseño e da elaboración de materiais ou recursos didácticos e da sua adecuación ao ámbito de traballo da E. Social. Ata 1,5 puntos. Ata 15
Seminarios Valoración da presenza e intervención nos mesmos. Ata 1 punto. Ata 10
Foros de discusión Valoración da participación, interese demostrado nos mesmos e calidade das aportacións realizadas. Ata 0,5 puntos. Ata 5
Prácticas en aulas de informática Valoración das prácticas dixitais realizadas polo alumnado. Ata 1,5 puntos. Ata 15
Presentacións/exposicións Valoración da defensa e da preparación da exposición dun traballo realizado en grupo polo alumnado. Ata 1 punto. Ata 10
Sesión maxistral A profesora exporá oralmente co apoio de recursos, medios audiovisuais e TIC os temas centrais do contido da materia. Asemade, introducirá preguntas dirixidas a formulación dalgunha actividade coa finalidade de facilitar a aprendizaxe activa. Destas sesións valorarase a implicación dos estudantes a través da participación na dinámica da aula e a fundamentación axeitada na que se apoia a realización das referidas actividades, asi coma a proxección práctica amosada.
É requisito facer a entrega en formato impreso ou dixital (segundo o indicado oportunamente pola profesora). Ata 2 puntos.
Ata 20
Traballos e proxectos Valoración da realización dun deseño de intervención social a escoller entre varias propostas facendo a sua entrega en soporte dixital ou noutro máis idóneo acordado coa profesora. Ata 1,5 puntos. Ata 15
Cartafol/dossier Valoración da continuidade e desenvolvemento gradual na realización do portafolio e da sua presentación final. Ata 1 punto. Ata 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

ALUMNADO ASITENTE (con, ao menos, unha asistencia do 80% equilibrada nos diferentes tipos de sesions):


- A data tope para a entrega das diferentes actividades, prácticas, traballos, etc. será comunicada oportunamente pola profesora, así coma o soporte no que se deben presentar. Para o alumnado de avaliación continua o desenvolvmento do traballo con tódalas metodoloxías sinaladas é obrigatorio, así coma acudir a clase regularmente (a lo menos ao 80% das sesións). O non cumprimento destes extremos conleva non ser cualificado a través da avaliación continua.


- Aqueles estudantes que acudan a clase pero non cumpran coas esixencias e calidade requiridas para superar os extremos descritos para a avaliación continua (a lo menos obtendo a metade da puntuación) deberan realizar o exame oficial e presentar algún traballo que lle permita acadar as competencia e puntuacións mínimas esixidas en cada aspecto (3,5 no exame e 1,5 puntos en traballos/actividades/obradoiros) para poder superar a materia. Cando o alumnado por decisión propia se presente ao exame final-oficial, entendese que renuncia a puntuación da avaliación continua e asumirá a que resulte dos dous extremos referidos, sexa esta superior ou inferior.


- O alumnado asistente deberá cubrir unha ficha dixital, que incluirá no seu portafolio, cos datos persoais e académicos.


ALUMNADO QUE REALICE O EXAME OFICIAL DE 1ª E 2ª CONVOCATORIA E NON ASITENTE:


- De non ter superada a materia por avaliación continua, as competencias non adquiridas serán avaliadas a través das convocatoria oficiais de exames de xuño ou xullo. Tendo que realizar as actividades e traballos que a profesora concretará a cada alumno/a segundo corresponda (ata 3 puntos), así coma a realización dun exame con preguntas de carácter teórico e práctico de desenvolvemento (ata 7 puntos). Para superar a materia e necesario acadar no exame, a lo menos, 3,5 puntos e pola elaboración de traballos/actividades/obradoiros 1,5 puntos. Conservarase a cualificación mínima acadada para superar un destes extremos, dentro do mesmo curso académico, pero na acta académica figurará suspensa a materia. Nestes casos, para determinar a puntuación outorgada súmanse as de ambas partes e divídese o seu cómputo entre dous.


- O alumnado non asistente deberá concretar coa profesora os traballos/materiais/etc. a realizar, como máis tarde, no mes de abril e facer a sua entrega o mesmo día en que realice o exame oficial da 1ª ou 2ª convocatoria.


- As datas de realización do exame oficial serán as que figuran no calendario de exames da Facultade.


- O lugar de publicación das cualificacións e da revisión será no taboleiro de anuncios do despacho da profesora responsable e/ou na Plataforma Tema. Esta data da revisión sinalarase no listado de cualificacións exposto a partir da data oficial.


* OBSERVACIÓN:


Esta guía docente anticipa as liñas de actuación que se levarán a cabo co alumnado na materia, concibíndose con certa flexibilidade; en consecuencia,pode requirir algunha rectificación promovida polo grupo de destinatarios real ou pola relevancia de situacións sobrevidas. Así mesmo, aportaráselle ao alumnado a información e pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000