A avaliación da materia no criterios descritos no epígrafe AVALIACIÓN aplicarase ao alumnado asistente. Considéranse alumnos asistentes os que conten co 80% de asistencias. A nota final será o resultado da suma das metodoloxías descritas. Para aprobar a materia a nota mínima das seisións maxistrais será dun mínimo de 2,5 puntos e a suma do resto de metodoloxías e probas deberá tamén sumar 2,5 puntos como mínimo.
MODALIDADE DE AVALIACIÓN PARA ALUMNOS NON ASISTENTES: para os alumnos non asistentes, a avaliación da materia rexerase polos seguintes criterios:
- Proba con preguntas abertas no día e hora do examen oficial: ata 5 puntos.
- Traballo titorizado (elixir o tema, polo menos, con dous meses de antelación ao exame final da materia): ata 5 puntos. Para computar a cualificación do exame na nota global é obrigatorio realizar o traballo.
A nota final para alumnos non asistentes será a suma do exame e do traballo tendo que ter aprobados ambos.
SEGUNDA CONVOCATORIA: as competencias non superadas derivadas da totalidade ou de parte das probas/actividades (teóricas/prácticas) obxecto de avaliación, poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo. |