Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Recursos tecnolóxicos en educación social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A profesora exporá oralmente co apoio de recursos, medios audiovisuais e TIC os temas centrais do contido da materia. Asemade, introducirá preguntas dirixidas a formulación dalgunha actividade coa finalidade de facilitar a aprendizaxe activa. Destas sesións valorarase a implicación dos estudantes a través da participación na dinámica da aula e a fundamentación axeitada na que se apoia a realización das referidas actividades e a proxección práctica amosada.
É requisito facer a entrega en formato impreso ou dixital (segundo o indicado oportunamente pola profesora) e dentro do prazo sinalado oportunamente. Ata 0,5 puntos.
Ata 5
Actividades introdutorias A través dunha análise reflexiva, o alumnado relatará o seu contacto e experiencia coas TIC no plano académico e persoal, co obxecto de aproximarnos aos coñecementos, habilidades, destrezas, etc. previas das que dispón como punto de partida para determinar a orientación das prácticas de laboratorio para grupo aula.
É requisito facer a entrega en formato dixital (segundo o indicado oportunamente pola profesora) e dentro do prazo apuntado no seu momento.
Na cualificación terase en conta, principalmente, o nivel de reflexión e análise plasmado neste relato. Ata 0,25 puntos.
Ata 2,5
Prácticas de laboratorio O alumnado desenvolverá as respectivas práctica de laboratorio ante a presenza da profesora na aula, implicándose oportunamente na marcha da clase. Este seguimento pola profesora faráse con técnicas baseadas na observación directa, focalizándoa no proceso de elaboración das prácticas dentro da aula. Nesta observación semanal feita de xeito sistemático, terase en conta o desenvolvemento do proceso de aprendizaxe e a adquisición de competencias polo alumnado atendendo ao seu progreso, calidade técnico-didáctica das prácticas realizadas, seguimento das pautas sinaladas pola profesora combinadas oportunamente coa iniciativa propia, creatividade e responsabilidade asumida, coa adecuación dos resultados acadados.
É requisito facer a entrega en formato dixital e dentro do prazo apuntado no seu momento pola profesora. Ata 2 puntos.
Ata 20
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado, en pequenos grupos, dun traballo sobre un tema da materia concretado ao inicio coa profesora. O seu desenvolvemento estará dirixido, fundamentalmente, a ampliar os contidos de tipo teórico da materia enlazándoos oportunamente cos prácticos. Nesta presentación participará todo o grupo e para a súa exposición apoiaranse en medios tecnolóxicos e dixitais con estratexias de tipo activa.
A entrega é requisito facela en formato dixital (segundo o indicado oportunamente pola profesora) e dentro do prazo concretado no seu momento.
Para a súa cualificación terase en conta a pertinencia da estrutura do traballo, calidade do contido exposto, así como o interés provocado no debate tanto por cada membro do grupo como no seu conxunto. Ata 1 punto.
Ata 10
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado desenvolverá de xeito individual e/ou grupal diferentes exercicios para ampliar os contidos teóricos da materia.
A entrega é requisito facela en formato impreso ou dixital (segundo o indicado oportunamente pola profesora) e dentro do prazo que se sinale no seu momento.
Para a súa cualificación terase en conta a fundamentación axeitada na que se apoia a realización destes exercicios ou problemáticas, a capacidade crítica e a proxección práctica amosada. Ata 0,25 puntos
Ata 2,5
Foros de discusión O alumnado participará nos foros que a través dos temas centrais da parte teórica da materia (ata 0,5 puntos) e da práctica (ata 0,25 puntos) proporá a profesora, así coma naqueles outros de iniciativa propia que estean relacionadas coa temática obxecto de estudo ou coas inquedanzas dos estudantes neste eido.
Esta participación é necesario realizala nos períodos que oportunamente se indiquen para cada tema.
Na sua cualificación terase en conta a fundamentación axeitada na que se apoia a aportación e a capacidade crítica amosada, así como a súa posible proxección no campo profesional. Ata 0,75 puntos.
Ata 7,5
Traballos tutelados Unha vez concretado o tema que se desenvolverá ao inicio, o alumnado acudirá en pequenos grupos á titoría grupal, en función do calendario previsto, na que dará contas do traballo realizado, co obxecto de profundizar no contido teórico da materia enlazando oportunamente co práctico.
Na súa cualificación terase en conta a implicación axeitada amosada como membro dun grupo e a presentación do traballo solicitado pola profesora para a entrevista. Ata 0,25 puntos.
Ata 2,5
Estudo de casos/análises de situacións Basearanse na análise de diferentes situacións de tipo innovador relacionadas coa parte práctica da materia.
A entrega é requisito facela en formato dixital (segundo o indicado oportunamente pola profesora) e dentro do prazo que se sinale no seu momento.
Para a súa cualificación terase en conta o nivel de análise e a capacidade de resolución amosada. Ata 0,25 puntos
Ata 2,5
Traballos e proxectos O alumnado presentará o resultado final do traballo ou proxecto elaborado en grupo, co obxecto de interiorizar os contidos da parte teórica da materia entrelazándoos cos prácticos.
É requisito facer a entrega en formato impreso e dixital e dentro do prazo concretado no seu momento.
Na súa cualificación teranse en conta, principalmente, a estrutura, calidade do contido, capacidade crítico-reflexiva e creatividade amosada. Ata 0,5 puntos.
Ata 5
Cartafol/dossier O alumnado deseñará técnica e didacticamente, desde a parte práctica, baixo o asesoramento da profesora, un portafolio dixital para recoller e presentar a totalidade do traballo desenvolto na materia, aportando as evidencias e os produtos obtidos ao longo do curso.
É requisito facer a entrega en formato dixital (segundo o indicado oportunamente pola profesora) e dentro do prazo que se sinale no seu momento para cada fase da súa realización.
Para a súa cualificación terase en conta a coherencia e claridade da súa estructura, así coma a calidade técnico-didáctica acadada. Ata 3 puntos.
Ata 30
Informes/memorias de prácticas O alumnado desenvolverá en formato dixital un diario sobre o traballo que realiza na materia, baixo as indicacións da profesora que serán detalladas oportunamente.
O seu desenvolvemento farase ao longo do cuadrimestre e será revisado pola profesora. A entrega será en soporte dixital e impreso en papel, na última semana do cuadrimestre.
Na súa cualificación considérase o grao de correspondencia co proceso de aprendizaxe desenvolvido, a coherencia coas pautas dadas pola profesora para a elaboración, presentación, estrutura, calidade do contido e a extensión acorde. Ata 1,25 puntos.
Ata 12,5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Para superar a materia todo o alumnado terá que aprobar a parte TEÓRICA (cun mínimo de 1,5 puntos) e a PRÁCTICA DE LABORATORIO (cun mínimo de 3,5puntos) independentemente. Polo tanto, a cualificación da teoría e a das prácticas de laboratorio presentarase dividida para posteriormente obter o cómputo global, no caso de acadar a puntuación mínima requirida. No reparto corresponden ata 7 puntos ás prácticas de laboratorio e ata 3 á parte teórica da materia. Os estudantes que participen na marcha da clase teórica e das prácticas, ou nalgunha delas, contarán cunha avaliación diversificada e continua de carácter formativo en ambas ou nunha parte. No caso de superar unha parte da materia (teórica ou práctica) conservarase a súa cualificación dentro do mesmo curso académico pero para cubrir a acta académica determinarase a calificación final Para sumándose ambas puntuacións e dividíndoas entre dous ou poríase a calificación dunha parte que fose inferiror a 5, buscando a opción mais favorable para o alumnado.


- Aqueles estudantes que acudan a clase, pero que non cumpran coas esixencias e calidade requiridas para superar os extremos xa descritos para a avaliación continua ou que por decisión propia se presenten ao exame oficial de 1ª ou 2ª concocatoria (renuncian neste último caso a calificación da avaliación continua) ou aqueles que non sexan asistentes poderán obter ata un máximo de 3 puntos no exame teórico (preguntas de desenvolvemento medio-curto) e deberán acadar un mínimo de 1,5 puntos para computarllos co exame que teñen que facer sobre as prácticas de laboratorio, no que tamén deberán dispor dun mínimo de 3,5 puntos sobre 7 para realizar a referida suma. No caso de superar unha parte da materia (teórica ou práctica) conservarase a súa cualificación dentro do mesmo curso académico. Para determinar a calificación final sumarianse ambas puntuacións e dividiríanse entre dous ou poríase a calificación dunha parte que fose inferiror a 5, buscando a opción mais favorable para o alumnado.


- As datas de realización do exame final-oficial serán as que figuran no calendario de exames da Facultade.


- O lugar de publicación das cualificacións e da revisión será no taboleiro de anuncios do despacho da profesora responsable e/ou na Plataforma Tema. Esta data da revisión concretarase no listado de cualificacións exposto a partir da data oficial.


OBSERVACIÓN: Esta guíadocente anticipa as liñas de actuación que se levarán a cabo co alumno/ada materia, concibíndose con certa flexibilidade; en consecuencia,pode requirir algunha rectificación promovida polo grupo de destinatarios real ou pola relevancia de situacións sobrevidas. Así mesmo, aportaráselle ao alumnado a información e pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo e, en particular, os criterios tidos en conta nas respectivas probas que se empregan para desenvolver a avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000