Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Recursos tecnolóxicos en educación social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición oral pola profesora apoiada en recursos didácticos, medios audiovisuais e TIC, coa incorporación da estratexia da interrogación didáctica dirixida aos estudantes, a posta en marcha de actividades e a exposición de traballos coa finalidade de facilitar a aprendizaxe e o desenvolvemento competencial.
Actividades introdutorias Actividade que se presenta ao inicio co fin de coñecer as competencias tecnolóxicas, experiencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para acadar as capacidades, destrezas e habilidades recollidas na guía docente. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer a aprendizaxe significativa de xeito contextualizado e personalizado, partindo dos coñecementos previos.
Prácticas de laboratorio Esta metodoloxía posibilítalle ao alumnado a aprendizaxe a través da realización de actividades de carácter práctico no laboratorio, indagando no funcionamento técnico e o desenvolvemento de habilidades e capacidades informáticas e de tipo didáctico para abordar o deseño, desenvolvemento de proxectos, análise de experiencias socioeducativas, busca e tratamento da información, etc.
Presentacións/exposicións Intervención do alumnado baseada na exposición verbal, apoiada no emprego de recursos didácticos a través da que tamén tentará interactuar e debater co grupo aula dun modo ordenado: propoñendo cuestións, facendo aclaracións ou realizando actividades de forma dinámica.
Resolución de problemas e/ou exercicios Estratexia a través da cal o alumnado resolverá pequenos problemas e/ou situacións problemáticas que expón a profesora na aula e na plataforma de formación, a partir dos contidos que se traballan na materia.
Foros de discusión Están desenvolvidos no escenario virtual para a discusión centrada en diferentes tópicos da materia propostos pola profesora, así como debates promovidos polas inquedanzas que expón o alumnado en relación a temáticas obxecto de estudo ou a problemáticas asociadas co campo profesional.
Traballos tutelados Unha vez concretado o núcleo do traballo en grupo, o alumnado discutirá e formulará as súas dúbidas á profesora a través da titorización grupal dentro da aula e no despacho da profesora para desenvolver un traballo sobre a temática da materia.
Estudo de casos/análises de situacións O alumnado realizará a descrición, as análises e as reflexións de situacións relativas aos medios tecnolóxicos e dixitais nos que se traballe a partir dunha realidade concreta ou simulada relacionada coa vida profesional, co obxecto de buscar algún tipo de solución de xeito individual ou grupal.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000