Obradoiros |
Aplicación e análise de materiais. Avaliarase a asistencia e a entrega dos resumos correspondentes. |
10 |
Cartafol/dossier |
Dossier que recolle todas as prácticas e traballos realizados durante a materia. |
20 |
O alumnado que se presente á 2ª convocatoria realizará o exame de resposta curta coa data prevista e presentará o cartafol con todas as prácticas da materia (prácticas de aula, prácticas externas, traballos e resolución de casos prácticos).
O alumnado que xa superase unha parte (teórica ou práctica) só se examinará na 2ª convocatoria da parte suspensa.
O alumnado non asistente ás clases presenciais terase que pór en contacto co profesor antes do 15 de outubro para acordar o sistema de titorización das prácticas externas, obradoiros, elaboración do cartafol e explicación do exame, así como o seguimento do progreso da materia. Esta titorización poderá ser presencial, telefónica ou por e-mail.
A ponderación da avaliación dos alumnos non asistentes será igual á dos alumnos asitentes, cambiando a metodoloxía dos obradoiros para adaptarse ás circunstancias persoais e favorecer así o proceso de ensino aprendizaxe. |