Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Necesidades educativas especiais asociadas á discapacidade intelectual
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil
A2 Capacitar os docentes para que aprendan a promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva
A3 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos
A5 Promover estratexias adecuadas para que na súa futura práctica docente as alumnas e alumnos poidan reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia
A9 Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente debe perfeccionarse e adaptarse aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida
A12 Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos
B1 Capacidade de análise e síntese
B2 Capacidade de organización e planificación
B7 Resolución de problemas
B8 Toma de decisións
B9 Traballo en equipo
B12 Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade
B13 Razoamento crítico
B15 Aprendizaxe autónoma
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000