Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía da educación: Procesos de aprendizaxe infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Exposición, por grupos, diante do grupo mediano, e despois por escrito ao profesor, dos resultados da valoración de tres alumnos/as de educación infantil (3, 4 e 5 anos), utilizando probas adaptadas a este alumnado co obxecto de detectar posibles causas das dificultades de aprendizaxe que poida manifestar un alumno/a e actuar en consecuencia. 20
Traballos tutelados O estudante presenta no grupo pequeno oralmente, e logo ao profesor por escrito, exercicios adaptados ao alumnado de educación infantil, elaborados a partir das lecturas propostas polo profesor. 20
Titoría en grupo O estudante presenta no grupo clase, aspectos dos contidos da materia, previamente preparados, utilizando material proporcionado polo profesor, ademais das aportacións persoais que poida realizar o estudante, utilizando a bibliografá suxerida.forma oral ou escrita. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa.

30
Cartafol/dossier O estudante presenta, oralmene no grupo pequeno, e por escrito ao profesor, evidencias de cal foi o seu traballo con relación aos contidos da materia e e súa participación nos traballos de grupo. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas na convocatoria de Xuño, poderán ser serán avaliadas e recuperadas  na convocatoria de xullo.


No caso de que algún estudante non poida ser obxecto dunha avaliación continua, nin o seu traballo poida ser titorizado polo docente, realizará unha proba sobre os contidos teóricos, que suporá o sesenta por cento da cualificación final, e outra sobre os contidos prácticos, que representará o corenta por cento da cualificación final. Para superar a materia será preciso que en cada unha das partes (teórica e práctica) acade un cincuenta por cento da cualificación establecida para cada parte.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000