Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Implantación de Sistemas de Xestión da Calidade: Modelos e Técnicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellar elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. Necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 nesta proba. 20%
Informes/memorias de prácticas Elaboración dun documento por parte do alumno (individual ou en grupo) no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos, no seu caso.
Para determinadas sesións esíxese asistencia. No caso de non asistir, o alumno deberá elaborar un traballo individual relacionado coa sesión á que non asistiu, seguindo as instruccións do profesor, e presentar un documento correspondente ao mesmo.
80
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o
sistema de avaliación continua.

Exame de segunda convocatoria:

Realizarase un exame no mes de xullo para aqueles alumnos e
alumnas
que non superasen a materia polo sistema de avaliación continua (debido
a non ter superado a materia a través do conxunto de
métodos exposto anteriormente). Neste caso, a cualificación obtida no
exame constituirá o
100% da nota.

Observación:

Calquera evidencia de traballos plaxiados ou copiados
suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000