Guia docente 2011_12
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  O turismo no mundo actual
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2011_12
Materia O turismo no mundo actual Código O04G240V01104
Titulación
Grao en Turismo
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Historia, arte e xeografía
Coordinador/a
Trashorras Montecelos, Ester
Correo-e etrash@uvigo.es
Profesorado
Bralo Ron, Maria Rosa Concepcion
Trashorras Montecelos, Ester
Web
Descrición xeral Materia de formación básica na que se lles ofrece aos alumnos un panorama sintético das claves interpretativas que explican o actual momento de desenvolvemento da actividade turística a nivel mundial e as súas tendencias actuais abordadas dende o punto de vista da xeografía. Neste contexto, realízase unha lectura espacial do turismo como actividade produtiva dependente dos valores do territorio e, polo tanto, indisociable da paisaxe e da identidade territorial, unha identidade que se destrúe, ou se reconstrúe, co turismo, a través de complexos procesos de carácter económico, sociocultural e territorial. Analízanse os distintos escenarios do turismo nas grandes rexións turísticas mundiais, tanto a nivel de oferta coma de demanda, e os fluxos existentes entre elas. A análise territorial achega coñecementos clave para a comprensión da complexa e dinámica actividade turística, sendo especialmente reveladores coa aparición de novos escenarios baixo criterios de calidade ambiental e sostibilidade social. Con iso preténdese sentar unha base descritiva e conceptual que permita ao alumno contextualizar os coñecementos xeoturísticos que adquirirá ao longo do Grao de Turismo.

Dende unha perspectiva máis ampla, trátase de mostrar o carácter multidisciplinar do fenómeno turístico, con elementos de carácter social, económico, cultural, territorial, ambiental etc., que se relacionan de xeito sistémico entre si. Así, a achega conceptual, instrumental e metodolóxica da materia «O turismo no mundo actual» parece indispensable para a plena consecución das competencias e obxectivos xerais do Grao de Turismo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000