Economía Mundial e Española é unha materia básica que se imparte no segundo semestre do primeiro curso do Grao de Administración e Dirección de Empresas. Consta dun total de 6 créditos ECTS, que se corresponden con 150 horas de traballo do alumno, das cales 62 son actividades presencias, mentres que o resto serán actividades non presenciais.
Esta materia pretende iniciar ao estudante no coñecemento da Economía Aplicada, comenzando pola análise da Economía Mundial e Española. Trátase de que comprenda o funcionamento e estrutura da Economía Mundial e Española, facendo fincapé, por unha banda, nas diferencias entre Países Desenvolvidos e Países en vías de Desenvolvemento, e por outra banda, na estrutura económica de España.
Organízase en Actividades Básicas (AB) e Actividades Complementarias (AC), de carácter Teórico (T) e Práctico (P), que levan asociadas tanto traballo presencial como persoal.