Probas de resposta curta |
Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia en respostas de desenvolvemento breve. |
40% |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
O alumno debe realizar unha serie de exercicios (problemas, comentario e análise de gráficos, series estatísticas, e/ou texto, resolver cuestións sobre os textos) nun tempo/condicións establecido/as polo profesor/a. Deste xeito, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. A aplicación desta técnica pode ser presencial e non presencial. |
10% |
Haberá dúas instancias de avaliación: a participación nos seminarios/traballos da aula e o exame final. A participación nos seminarios e os traballos da aula corresponde a un 20% da avaliación total da materia e o exame final a un 80%.
a) Participación nos seminarios e traballos de aula. Tanto a preparación dos seminarios e traballos de aula (tarefas de preparación) como a asistencia e a participación nos mesmos é fundamental para acadar as aprendizaxes esperadas e, consecuentemente, conseguir bos resultados. A avaliación dos seminarios e grupos de aula corresponderá á presentación oral dos resultados do traballo de preparación efectuado polo equipo. A avaliación realizarase por equipos, non individualmente. Para estes efectos, o profesor designará de xeito aleatorio un voceiro.
b) Proba obxectiva. A proba obxectiva constará de dúas partes: a primeira con preguntas de resposta múltiple (40% da cualificación) e a segunda con dúas preguntas de desenvolvemento breve (40% da cualificación); en ambos os casos serán preguntas sobre o temario da materia. Para aprobar o exame final é imprescindible aprobar cada unha das súas partes.
Cualificación numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente.
Segunda opción para o alumno que non se someta o proceso de avaliación continua ou non supere a mesma: Exame final de toda a materia que representará o 100% da nota. Esta proba obxectiva constará de dúas partes: na primeira formularanse preguntas test e na segunda preguntas de desenvolvemento breve. Para aprobar a materia é imprescindible aprobar cada unha das partes. |