Guia docente 2011_12
Facultad de Derecho
Máster Universitario en Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente. R. D. 1393/2007
 Materias
  Técnicas de Intervención no Dereito Ambiental
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Trátase de que os/as alumnos/as elaboren tres traballos escritos evaluables sobre os contidos da asignatura. Poderán consistir en comentarios de resolucións xudiciais, resolución dalgún caso práctico, elaboración dalgún documento..., segundo determinen en cada caso os/as profesores/as responsables. Os traballos haberán de ser en todo caso individuais e orixinais. Os traballos tutorizados serán evaluados coa cualificación numérica que corresponda de 0 a 10. A cualificación da materia consistirá na nota media dos tres traballos. A non presentación dun ou dous dos tres traballos supón o suspenso da asignatura. Si non se presentan os tres traballos a cualificación será de non presentado. Dous dos tres traballos, a elección de o/da alumno/a, poderán ser substituídos por prácticas en empresas ou entidades externas coas que a Universidade teña convenio de cooperación educativa. Ditas prácticas serán, así mesmo, cualificadas cunha nota entre 0 e 10. Neste caso a cualificación final da materia será a nota media entre a cualificación outorgada ao traballo evaluable realizado e a media resultante entre a nota outorgada ás prácticas externas pola entidade colaboradora e a outorgada polo coordinador do DUMA á memoria xustificativa das mesmas. A presentación do traballo e a non realización das prácticas ou a non entrega da memoria citada, ou viceversa, supón o suspenso da materia. 100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na convocatoria de xullo, os/as alumnos/as que teñan pendente algún/s dos traballos tutelados poderán voltar a presentalos, e a súa avaliación polo/a profesor/a responsable farase conforme aos mesmos criterios descritos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000