A) Os alumnos que se acollan ao sistema de avaliación continua, deberán asistir regularmente as clases presenciais (mínimo dun 80% de cada un dos bloques de clases presenciais). A referida asistencia será valorada positivamente, así como a participación activa e regular nas actividades/exercicios propostos polo profesor, e que eventual e aleatoriamente serán recollidos. Estas actividades representarán un total do 40% da cualificación global. O 60% restante da cualificación virá determinado pola PROBA FINAL, que consistirá nunha única parte teórica, coas carácterísticas descritas.
B) Os alumnos que non se acollan ao sistema de avaliación continua (debido á súa non asistencia regular ás clases presenciais na porcentaxe definida, ou debido a que non realizaron satisfactoriamente as actividades propostas) serán avaliados en base a unha única PROBA FINAL que representa o 100% da cualificación global, que consistirá dunha parte teórica, e dunha parte práctica.
En resume, a PROBA FINAL constará de dúas partes:
1. Parte teórica (60% da cualificación total): obrigatoria para todo o alumnado, con independencia do sistema de avaliación que se siga.
2. Parte práctica (40% da cualificación total):
- terán que realizala os alumnos que, acolléndose ao sistema de avaliación continua, non a superaran satisfactoriamente
- terán que realizala os alumnos que non se acolleron o sistema de avaliación continua.
* Non terían que realizar a parte práctica -nin no exame do mes de xaneiro, nin no exame do mes de xullo- , os alumnos que superasen satisfactoriamente a avaliación continuada. |