Guia docente 2011_12
Facultad de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia: Fontes de información en humanidades
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A sesión maxistral será avaliada mediante unha proba escrita de resposta curta ou tipo test. 30
Prácticas autónomas a través de TIC A avalición das prácticas autónomas a través de TIC realizarase mediante a elaboración dunha memoria coas tarefas desenvolvidas e os resultados obtidos nas prácticas. 20
Saídas de estudo/prácticas de campo A avalición das saídas de estudo realizarase mediante a elaboración dun informe sobre a ruta cultural realizada. 10
Traballos tutelados A avalición dos traballos tutelados realizarase mediante a elaboración, montaxe e exposición dun itinerario cultural por Ourense.
<br>O traballo incluirá unha descrición da ruta seleccionada (ámbito xeográfico, duración, elementos patrimoniais que inclúe, etc.) e unha memoria na que se recollerán e valorarán as fontes de información necesarias para elaborar unha guía do itinerario.
30
Outras En todas as actividades e probas que conforman a programación valorarase a asistencia e participación do alumnado. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a realizar os exames finais (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). Aqueles estudantes que non poidan acollerse á modalidade presencial serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 40% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 60% desta.


Os estudantes que realicen os exames finais deberán entregar, o día do exame oficial, un traballo consistente no deseño dun itinerario cultural por Ourense que incluirá unha descrición da ruta seleccionada (ámbito xeográfico, duración, elementos patrimoniais que inclúe, etc.) e unha memoria na que se recollerán e valorarán as fontes de información necesarias para elaborar unha guía do itinerario.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000