Prácticas de laboratorio |
Planificaránse diferentes prácticas relacionadas cos contidos da materia para que o alumno se familiarice directamente no laboratorio de investigación coas ferramentas analíticas expostas na parte teórica da materia. |
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Fomentaranse as técnicas de traballo autónomo, solicitando ao alumno que resolva exercicios e exemplos prácticos, coa supervisión do profesor. O alumno deberá de aplicar as diferentes técnicas aprendidas na resolución de diversas actividades explicando e xustificando os resultados obtidos. |