O Máster en Consultoría de Software Libre nace no curso 2008/2009 xa
adaptado aos requerimentos do Espacio Europeo de Educación Superior
(EEES), ten unha carga lectiva de 60 créditos ECTS, un ano de duración
e a súa natureza é semipresencial, co obxectivo de que poida ser
cursado tamén por profesionais do mundo da empresa.
Está
especialmente dirixido a Enxeñeiros Informáticos e Enxeñeiros Técnicos
en Informática (ainda que tamén poderán matricularse outros titulados
especificados no perfil de ingreso),
que queiran profundizar nas últimas tecnologías do software libre así
como coñecer cómo se poden por en marcha modelos de negocio baseados na
consultoría, desenvolvemento e implantación de aplicacións de software
libre.
É unha titulación oficial e como tal as súas tasas de
matrícula son a prezos públicos e están lexisladas pola Xunta de
Galícia a través da Consellería de Educación, como calquera outra
titulación oficial.