vías de acceso
- Dende Bacharelato LOGSE: Científico-Tecnolóxica, Ciencias da Saúde, Humanidades, Ciencias Sociais, Artes
- Dende COU: Ramas Científico-Tecnolóxica, Biosanitaria, Ciencias Sociais, Humanidades
- Dende Ciclos Formativos de Grao Superior: Administración e Finanzas, Secretariado, Comercio Internacional, Servizos ao Consumidor, Xestión Comercial e Marketing, Xestión do Transporte, Desenvolvemento de Produtos Electrónicos, Instalacións Electrónicas, Sistemas de Regulación e Control Automáticos, Sistemas de Telecomunicación e Informáticos, Desenvolvemento de Proxectos Mecánicos, Produción por Fundición e Pulvimetalurgia, Produción por Mecanizado, Industria Alimentaria, Administración de Sistemas Informáticos, Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas, Automoción, Mantemento Aeromecánico, Mantemento de Aviónica, Desenvolvemento de Proxectos de Instalacións de Fluídos, Térmicas e de Manutención, Mantemento de Equipo Industrial, Mantemento de montaxe de Instalacións de Edificio e Proceso, Prevención de Riscos Profesionais,
O acceso dos maiores de 25 anos regularase segundo o Real Decreto 743/2003, de 20 de xuño. Ademais, a lexislación vigente regula o acceso de diferentes colectivos como titulados, discapacitados, estranxeiros, etc.
perfíl de ingreso
Considérase un perfil de ingreso no referido a coñecementos, habilidades e capacidades de partida dun nivel de bacharelato ou ciclo formativo de formación profesional. En concreto, as características persoais (sensibilidades, aptitudes, capacidades específicas, etc.) e académicas desexables que se consideran máis axeitadas para iniciar os estudos de Grao en Enxeñería Informática son as seguintes:
- Coñecementos básicos de informática
- Boa base matemática, aptitude numérica
- Capacidade de abstración, análise, síntese, razoamento lóxico
- Curiosidade, imaxinación, creatividade, innovación
- Capacidade de percepción e atención
- Sentido da organización e o método
- Atención ao detalle
- Sentido práctico e visión espacial
- Capacidades básicas para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora
- Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo
criterios de acceso e condicións ou probas de acceso especiais
Os procesos de selección, admisión e matriculación de estudantes na titulación de Graduado/a en Enxeñería Informática están definidos nos procedementos establecidos pola Xunta de Galicia e comúns a todo o Sistema Universitario de Galicia. Non existen criterios de acceso distintos dos derivados da limitación de prazas de novo ingreso e os establecidos pola lexislación vigente para os estudos de graduado.
sistemas de apoio e orientación dos estudantes unha vez matriculados
Ao comezar cada novo curso académico organízase unha xornada de recepción para os novos alumnos. Nesta xornada ofréceselles toda a información que necesitan para o comezo da súa vida como estudantes universitarios:
- Estrutura organizativa da Escola e a Universidade.
- Estrutura dos estudos.
- Prazos e normativas importantes (modificacións de matrícula, cambios de quenda, etc.).
- Servizos e infraestructuras do Centro: aulas, laboratorios, acceso a internet, correo electrónico, etc.
- Un representante de alumnos explica que é e para que serve a Delegación de Alumnos.
- A directora da Biblioteca, ou persoa en quen delegue, explica o uso da mesma: organización dos fondos, accesibilidad, sistemas de procura, sistemas de peticións de títulos, etc.
- Intervencións de responsables doutros servizos da Universidade (como o gabinete psicopedagógico ou o servizo de deportes, entre outros)
Entre os servizos que se ofrece aos alumnos desde o seu incorporación ao Centro pódense citar os seguintes:
- Correo electrónico: Todos os alumnos teñen asignada unha dirección de correo electrónico do Centro. Desde a Dirección, as Subdirecciones e os servizos administrativos do Centro envíase continuamente información sobre noticias, prazos, becas, etc.
- Actividades paralelas de apoio: Prográmanse este tipo de actividades, que complementan a actividade habitual de ensino-aprendizaxe, co obxectivo de subsanar deficiencias puntuais ou do perfil de ingreso. Estas actividades poden ser talleres sobre tecnoloxías ou procesos específicos, ciclos de proxeccións ou conferencias, talleres de lectura, etc.
- Mobilidade: Co fin de promover e facilitar a mobilidade de estudantes organízanse charlas informativas por parte da Oficina de Relacións Internacionais. Así mesmo, existe a figura de Coordinador de Relacións Internacionais, que se encarga de coordinar programas como Erasmus e SICUE que, entre as súas funcións, teñen a de asesorar e orientar aos estudantes nos seus programas respectivos, tanto aos propios como aos alleos.
- Representación dos estudantes: a Delegación de Alumnos, aparte dos protocolos establecidos polo Sistema de Garantía de Calidade para a canalización de suxestións e reclamaciones, serve de enlace entre os estudantes de xeito individual ou colectiva e o equipo directivo da titulación. A Escola pon á súa disposición os medios necesarios (un local, teléfono e equipamiento informático) así como unha partida presupuestaria para que poidan cumprir a súa tarefa de representación, e outras como facilitar a realización de propostas e iniciativas do alumnado.
- Gabinete Psicopedagóxico: a Universidade de Vigo conta co seu propio Gabinete Psicopedagóxico a disposición dos estudantes para orientarlles e asistirlles tanto en cuestións académicas como noutras de índole persoal. Por outra banda, a Universidade ten en marcha un programa de apoio á integración do alumnado con necesidades especiais (PIUNE) para facilitar a súa vida académica e garantir o seu dereito ao estudo.
- Plan de Acción Titorial: dende fai uns anos a Escola dispón deste plan destinado principalmente (aínda que non de forma exclusiva) a alumnos de nova matrícula, cuxos obxectivos principais son:
- informar e orientar ao novo alumnado sobre a estructuración e o funcionamento da Escola, para lograr así unha mellor e máis rápida integración do novo alumno no contexto universitario.
- facilitar o proceso de adaptación do ensino secundario, dos ciclos formativos, ou doutras vías de acceso á universidade.
- contribuír á integración do alumno no Campus Universitario e na cidade de Ourense.
- informar ao estudante sobre cuestións académicas e/ou profesionais.
- fomentar a participación do alumnado nos distintos ámbitos da vida universitaria.
- analizar o desenvolvemento do alumnado tanto no plano académico como no persoal.
- valorar a necesidade do apoio titorial como instrumento de coñecemento e reflexión no proceso de formación universitario.
- axudar ao alumnado, na medida do posible, naqueles problemas ou situacións que lles provoquen inquietude e ansiedade.
|