Fundamentos da análise económica e historia e institucións económicas
Coordinador/a
Manzano Gonzalez, Baltasar
Correo-e
bmanzano@uvigo.es
Profesorado
Manzano Gonzalez, Baltasar
Web
Descrición xeral
- A materia adecúase ao perfil profesional e académico ao contribuír á formación básica do alumno no campo da Economía, presente en numerosos aspectos no ámbito do Dereito. Polo tanto, debido ao seu carácter básico, proxéctase en múltiples campos profesionais do Dereito, pero non cabe dúbida de que terá máis repercusión naqueles campos máis próximos á Economía tales como a avogacía especializada no ámbito mercantil, financeiro ou laboral, rexistradores da propiedade, notarios, funcionarios do Ministerio de Economía e Facenda, etc.
- A materia ten seis créditos ECTS e posúe carácter obrigatorio. Cúrsase en primeiro de Dereito, no primeiro cuadrimestre. Inicia o alumno nos aspectos económicos, xa teñan estes natureza microeconómica ou macroeconómica. Ten, claramente, unha relación de complementariedade con outras materias deste Grao, como por exemplo, Contabilidade, Dereito Mercantil, Dereito financeiro e Tributario, e Dereito Laboral.