Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución & Paratradución
 Materias
  Investigación Empírica en Interpretación Social e de Conferencia
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2010_11
Materia Investigación Empírica en Interpretación Social e de Conferencia Código V01M047V01204
Titulación
Máster Universitario en Tradución & Paratradución
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 2C
Lingua de impartición
Castelán
Francés
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Garrido Vilariño, Xoan Manuel
Correo-e garrido@uvigo.es
Profesorado
Garrido Vilariño, Xoan Manuel
Mascuñan Tolon, Patricia Silvia
Web
Descrición xeral Ao longo da historia, a Interpretación asumiuse sempre como unha actividade estratéxica e crucial para a interacción humana en múltiples contextos sociais, históricos e políticos, acabando por desempeñar un papel absolutamente vital nos máis variados escenarios internacionais. No ámbito da comunicación multilingue, a Interpretación representa unha das prácticas profesionais máis importantes e transversais en toda a actividade translatoria, cunha dinámica e personalidade propias, que lle outorgan unha peculiaridade específica, merecedora dun singular lugar de destaque no dominio dos Estudos de Tradución. O xurdimento dos chamados "Interpreting Studies" é unha proba do lugar autónomo e ímpar que a Interpretación ocupa, e do papel vital que desempeña nos nosos días. E é tamén a proba da visibilidade e espazo propio que esta disciplina vai construíndo no ámbito dos Estudos de Tradución, algo que é corroborado pola extraordinaria actividade profesional, académica e de investigación que se desenvolve neste eido, de aí que congregue ao seu redor múltiples manifestacións culturais, institucionais, políticas, cognitivas, tecnolóxicas, sociolóxicas e profesionais. Un dos obxectivos deste curso é o de constituír un foro de discusión e reflexión sobre a actividade da interpretación, a través dun marco teórico sobre as múltiples vertentes da profesión.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000