Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Edición
 Materias
  Edición de Literatura Gráfica e Literatura Infantil
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Saber aplicar os coñecementos adquiridos no ámbito da edición nos seus aspectos históricos, técnicos e financeiros.
A2 Reflexionar sobre os aspectos complexos que rodean o mundo da edición (económicos, sociais, ideolóxicos e técnicos).
A4 Capacidade para deseñar e desenvolver coleccións.
A5 Capacidade para deseñar formatos, tipografías, tipos de cubertas, etc.
A6 Capacidade para optar, segundo sexa o produto, por unha saída en formato impreso ou dixitalizado.
B1 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
B2 Ser capaz de integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
B4 Aplicar os seus coñecementos e habilidades na resolución de problemas en contornas novas ou non familiares en contextos interdisciplinares.
B6 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.).
B7 Ter capacidade para organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo, así como para resolver problemas de forma efectiva.
B8 Comunicar oralmente e por escrito con claridade os coñecementos teóricos e aplicados do campo de estudo tanto a audiencias expertas como non expertas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000