Guia docente 2010_11
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Edición
 Materias
  Panorama Actual da Edición
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral As clases maxistrais desenvolverán os contidos teóricos da materia. Pretenden ser clases nas que haxa certa participación por parte do alumnado e non só exposicións por parte do docente.
Presentacións/exposicións O alumnado deberá realizar unha exposión oral breve, e de xeito individual na aula sobre as reflexións que tira de determinadas lecturas indicadas polo docente.
Esta presentación permitirá avaliar en parte a comprensión dos contidos da materia e diagnosticar o ritmo da evolución das clases teóricas.
Traballos de aula O alumnado deberá realizar unha exposición escrita, e de xeito individual na aula, sobre as reflexións que tira de determinadas lecturas indicadas polo docente.
Este traballo permitirá avaliar as competencias de partida, así como as adquiridas por cada alumno nas clases e revelará cales son os seus intereses no ámbito da investigación.
Traballos tutelados O docente deberá propoñer unha serie de liñas de investigación sobre a materia impartida.
O alumnado escollerá un dos temas propostos para realizar un pequeno traballo tutelado que pode servir á súa vez de punto de partida para a realización do futuro traballo de fin de máster.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000