Guia docente 2010_11
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Edición
 Materias
  Historia da Escritura e do Libro
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2010_11
Materia Historia da Escritura e do Libro Código V01M033V01101
Titulación
Máster Universitario en Edición
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 1C
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Coordinador/a
Gomez Clemente, Xose Maria
Correo-e xgomez@uvigo.es
Profesorado
Díaz de Bustamante, José Manuel
Gomez Clemente, Xose Maria
Rey Castelao, Ofelia
Web
Descrición xeral 1. Búscase que os alumnos teñan coñecementos instrumentais da historia do libro en todas as súas formas, para
que sexan quen de traballar en calquera campo de investigación en Humanidades; prestarase especial atención ós
coñecementos de tipo práctico que os faculten para comprender axeitadamente os problemas de reconstrución e interpretación de restos.

2. O obxectivo fundamental é o coñecemento da revolución cultural, social e incluso económica que supuxo a invención da imprenta e o impacto histórico dos libros e dos outros produtos impresos. Isto farase dun xeito evolutivo e comparativo. O que se pretende é que os alumnos acaden un dominio sobre os antecedentes do mundo da edición e produción do libro que lles permita contextualizar e comprender a situación actual á luz da experiencia histórica.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000