Guia docente 2010_11
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Edición
 Materias
  Historia da Escritura e do Libro
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos e proxectos 100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Traballos escritos que os estudantes deberán presentar nas datas acordadas previamente.

Propóñense
tres modalidades de traballos que significan o 100% da nota:

1.
Proporáse ó alumnado que realicen un traballo orixinal que poderá ter
diversas orientacións:

a) estudo da difusión dun determinado formato.

b)
Estudo formal da obra dun scriptorium concreto (textos transmitidos,
etc.)

c) Estudo cultural dun territorio.d) Descrición externa e interna
de manuscritos, incunables e post-incunables. Un terzo da nota.

2.
Farase un traballo práctico baseado no comentario dun conxunto de textos
ou de gráficos, e na bibliografía axeitada para ese conxunto.
Valorarase positivamente a participación e intervención crítica dos
alumnos. Un terzo da nota.

3. Proporáse ós alumnos que realicen un
traballo que poderá ter distintas orientacións, a saber:

a) estudo da
difusión dun determinado tipo de texto (libros de cabaleirías, textos
médicos, xurídicos, históricos, poéticos, etc.) a través dun ou varios
centros editores.

b) Estudo dun impresor concreto (qué textos editou,
qué características tiñan os seus impresos, con qué outros impresores
traballou, en qué lugares se estableceu...)

c) Estudo dun centro
impresor: cidade ou territorio máis amplo.

d) Descrición externa e
interna de varios incunables e / ou post-incunables. Un terzo da nota.

Na segunda convocatoria, xullo, entregaranse os traballos pendentes ou suspensos

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000