Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Subjects
  Análise e interpretación literaria de textos do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Assessment
  Description Qualification
Presentations / exhibitions Presentacións orais na aula sobre un tema ou texto relacionado cos contidos da materia, que será previamente acordado coa profesora. Poderá realizarse individualmente ou en grupo. 10
Classroom work Exercicios prácticos e comentarios de texto realizados polo alumnado na aula, individualmente ou en grupo, baixo a supervisión da profesora. A profesora requirirá a entrega por escrito dalgúns destes traballos ao longo do curso. A cualificación terá en conta tanto os traballos escritos coma a calidade da participación nos exercicios e debates orais. 20
Jobs and projects Ensaio individual, dunhas 5 páxinas de extensión, que consistirá no comentario crítico dun texto proposto pola profesora no que o alumnado deberá aplicar os conceptos teóricos estudados nas aulas, empregando o vocabulario específico e a terminoloxía crítica, identificando os recursos formais e aspectos estilísticos relevantes e axeitándose ás normas académicas de elaboración de traballos científicos. O traballo entregarase ao final do cuadrimestre, na derradeira sesión presencial do curso. 20
Other Proba final que se baseará nos contidos da materia e combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos. Celebrarase na data oficial de xuño fixada pola Facultade. 50
 
Other comments on the Evaluation
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000