(*)É unha asignatura de seis créditos, que se imparte no primeiro cuadrimestre do segundo curso do grao, e que está concibida como unha continuación da materia Segundo idioma estranxeiro: Alemá, e máis concretamente das asignaturas Segundo Idioma Estranxeiro I e II impartidas no primeiro ano como un curso de iniciación á lingua alemá básica, así como de introdución elemental ao coñecemento da cultura sobre a que se sostén esta lingua. Esta asignatura é pois un paso mais na progresión de coñecementos da lingua cotiá alemá e do seu uso nos países de fala alemá, e de modo principal en Alemaña, Austria e Suíza.