Actividades introdutorias |
Actividades de organización: explicación pormenorizada do programa da materia e do seu desenvolvemento dentro e fóra da aula, o que implica a descrición das características do curso, contidos, metodoloxía, formas de avaliar e resolución de dúbidas, así como a presentación das diferentes ferramentas de traballo necesarias para a súa aprendizaxe: manual, dicionarios, libro de lectura obrigatoria e outros libros complementarios. |
Sesión maxistral |
Exposicións teóricas e aprendizaxe gramatical, léxico e cultural. |
Presentacións/exposicións |
Presentación doutros materiais ou ferramentas para a aprendizaxe autónoma dunha lingua estranxeira. |
Prácticas de laboratorio |
Prácticas sobre os seguintes aspectos fonéticos e destrezas orais: pronunciar correctamente o alemán, comprender correctamente frases e textos sinxelos, responder en alemán a preguntas doadas sobre situacións cotiás, entender conversacións básicas e practicar oralmente sobre os temas incluídos no temario. |