Para un óptimo aproveitamento das leccións maxistrais é recomendable que o alumnado teña feitas as lecturas obrigatorias antes de cada sesión para asimilar mellor os contidos que se van explicar e plantexar posibles dúbidas ou facer comentarios ao respecto.
Para a resolución de exercicos e outras actividades prácticas é imprescindible ter feitas as lecturas obrigatorias correspondentes así como revisado os apuntes das clases maxistrais.
Competencias previas desexables
- Bo coñecemento da lingua inglesa.
- Uso dos diferentes recursos que ofrece a Biblioteca.
- Manexo básico de ferramentas informáticas e internet.
Para a consecución destas competencias previas recoméndase a asistencia a sesións formativas especializadas.
|