Guia docente 2010_11
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Panorama da literatura galega II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Haberá unha sesión introdutoria ao conxunto da materia, de dúas horas de duración, con delimitación dos seus contidos, métodos, probas a realizar, textos que deben ler os alumnos , etc.
Sesión maxistral Haberá 12 sesións maxistrais, de dúas horas de duración cada unha e 12 vinculadas ao desenvolvemento teórico do programa. Nelas darase unha visión de conxunto da tradición literaria galega ao longo do séc. XX.
1. 1900-1936: A poesía.
2. 1900-1936: A narrativa.
3. 1900-1936: O teatro.
4. 1900-1936: O ensaio.
5. 1936-1975: A poesía.
6. 1936-1975: A narrativa.
7. 1936-1975: O teatro.
8. 1936-1975: O ensaio.
9. 1975-2010: A poesía.
10. 1975-2010: A narrativa.
11. 1975-2010: O teatro.
12. 1975-2010: O ensaio.
Obradoiros Haberá 13 sesións de comentario de texto, cada unha de dúas horas de duración, correspondentes ás seguintes obras:
1. A poesía de Antonio Noriega Varela. Selección de poemas de Do Ermo.
2. A poesía de Ramón Cabanillas. Selección de poemas e Na Noite Estrelecida.
3. A narrativa de Ramón Otero Pedrayo. Comentario de relatos curtos.
4. A narrativa de Vicente Risco. Comentario de O porco de pé.
5. A obra narrativa de Castelao. Comentario de Retrincos.
6. A poesía de Manuel Antonio. Comentario de De Catro a Catro.
7. A obra literaria de Álvaro Cunqueiro. Comentario dun conto e dun poema.
8. A obra literaria de Eduardo Blanco Amor. Comentario dun conto ou capítulo de novela.
9. Celso Emilio Ferreiro. Comentario de poema de Longa Noite de Pedra. Visionado da película María Mariño, a flor das raparigas en sombra.
10. A obra de Xosé Luís Méndez Ferrín. Comentario dun conto e dun poema.
11. A Nova Narrativa Galega. Comentario dun conto ou capítulo de novela. Visionado da película Cólera.
12. A poesía dos 80. Comentario de varios poemas.
13. A narrativa desde 1975. Comentario dun conto de Manuel Rivas. Visionado da película Luces da cidade.
Eventos docentes e/ou divulgativos Eventualmente o alumnado podera acudir a conferencias, recitais, mesa redondas, proxeccións de filmes, etc. e deberá realizar un breve resumo por escrito desta actividade.
Traballos tutelados O alumnado deberá realizar un pequeno traballo de comprobación de lectura de todas e cada unha das seguintes obras:
1) O porco de pé de Vicente Risco (135 páxinas = 45 minutos de lectura)
2) Ensaio histórico sobre a cultura galega de Ramón Otero Pedrayo (246 páxinas = 82 minutos de lectura)
3) Na noite estrelecida de Ramón Cabanillas.
4) Os ruíns de Xosé María Álvarez Blázquez (161 páxinas = 54 minutos de lectura)
5) Crónicas do sochantre de Álvaro Cunqueiro (172 páxinas = 58 minutos de lectura)
6) Á lus do candil: contos ao carón do lume de Ánxel Fole (159 páxinas = 53 minutos de lectura)
7) Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro.
8) Os biosbardos: contos prá xente de Eduardo Blanco Amor (109 páxinas = 37 minutos de lectura)
9) Arrabaldo do norte de Xosé Luís Méndez Ferrín (121 páxinas = 41 minutos de lectura)
10) Cambio en tres de Carlos Casares (107 páxinas = 36 minutos de lectura)
11) Land Rover de Suso de Toro (237 páxinas = 79 minutos de lectura)
12) Memoria de Noa de Alfredo Conde (217 páxinas = 73 minutos de lectura)
1664 páxinas = tempo total de lecturas= 558 minutos ou máis ou menos 10 horas. Tempo complementario + 10 horas= 20 horas
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000