Guia docente 2010_11
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Informática para a lingüística e a literatura
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliación dos exercicios e problemas realizados en clase sobre os contidos da materia. 100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua. A condición para ser avaliada/o será a asistencia a un mínimo do 80% das aulas. Se algún/algunha alumno/a non pode cumprir esta condición, deberá comunicarllo ao profesor argumentadamente ao comezo do cuadrimestre. As faltas de asistencia deberán ser xustificadas de modo razoado.

O alumnado que non supere a avaliación continua deberá realizar na segunda convocatoria (xullo), na data oficial de xullo fixada pola Facultade, un exame sobre os contidos da materia polo 100% da cualificación.

Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas con regularidade e se implique activamente no seu proceso de aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000