Resolución de problemas e/ou exercicios |
O docente comentará cos discentes na clase ou nas titorías, e entregaralles por escrito a resolución de problemas puntuais sobre cuestións de sintaxe do galego e do español. Avaliación continua. |
10 |
Prácticas autónomas a través de TIC |
O docente propoñeralles aos discentes a participación en foros, wikis e prácticas sobre sintaxe a través da plataforma TEMA. Estas prácticas poden consistir na produción de textos sintacticamente ben elaborados, correción de erros de sintaxe nos textos, cuestións puntuais de análise sintáctica, resumo e crítica de lecturas etc.
Avaliación continua. |
10 |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
O docente entregaralles aos discentes na clase exercicios de análise sintáctica que máis tarde recollerá, corrixirá e comentará.
Avaliación continua. |
10 |
Probas de resposta curta |
cuestións breves sobre diferentes aspectos do programa que o alumno contestará na clase ou a través de faitic.
Avaliación continua. |
2 |
Haberá unha avaliación final en xullo para os que suspendan todo ou parte da materia polo método de avaliación continua, para os que se presenten só á proba final e para aqueles que non sigan o sistema de avaliación continua. A avaliación final consistirá nun exame que incluirá contidos das distintas partes indicadas e nun traballo, que determinará o profesor, sobre algún aspecto ou aspectos da materia. |