Guia docente 2010_11
Facultade de Historia
Máster Universitario en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Na avaliación do traballo fin de mestrado o alumnado deberá demostrar ter adquirido as habilidades conducentes á elaboración, presentación e defensa dun traballo de investigación orixinal e de mérito académico recoñecible a partir das materias cursadas, integrando as destrezas metodolóxicas co dominio dos contidos propios daquelas.
100%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O Traballo de Fin de Máster (TFM) consistirá na realización dunha memoria de investigación dirixida e titorizada por un profesor do programa. Será presentado por escrito e defenderase mediante exposición oral ante un tribunal formado por tres profesores do programa, da mesma área de coñecemento á que pertenza a memoria ou, de ser o caso, de áreas afíns. Poderá constituír un ensaio preparatorio para a posible elaboración dunha futura tese doutoral.


Os Tribunais establecidos avaliarán o TFM seguindo o protocolo seguinte: cada membro procederá a calificar sobre 10 puntos nos seguintes epígrafes: metodoloxía; obxectivos; contidos; relevancia, resultados e conclusións; exposición e defensa. A calificación final resultará da media aritmética simple das calificacións proporcionadas polos membros do tribunal. Aqueles traballos que obteñan unha calificación igual ou superior ós 9 puntos poderán ser distinguidos, a xuizo do tribunal, con Matrícula de Honra.


 


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000