Guia docente 2010_11
Facultade de Historia
Máster Universitario en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais
 Materias
  O Fenómeno Relixioso e a Evolución do Patrimonio Eclesiástico na Galicia Contemporánea
   Contidos
Tema Subtema
1. Introdución ao fenómeno relixioso e ao patrimonio eclesiástico. Conceptos clave.

Relixiosidade, relixións e igrexas. Secularización e modernización. Tradicionalismo, fideísmo, integrismo. Tolerancia e liberdade de relixións. Modernidade, laicidade e laicismos. Propiedade e patrimonio.
2. Patrimonio inmaterial e confesións relixiosas. Símbolos, ritos e liturxias. As crenzas e as ideas. Os imaxinarios sociais.
3. Patrimonio material e confesións relixiosas. O chan. Os edificios. Os medios de comunicación. As obras artísticas. Os recursos financieiros.
4. Evolución do patrimonio eclesiástico en España e Galicia durante a Idade Contemporánea. Final do Antigo Réxime (1760-1836)
O Estado liberal (1836-1868)
O Sexenio democrático (1868-1874)
A Restauración (1874-1936)
A II República (1931-1936)
O nacional-catolicismo (1936-1975).
5. O patrimonio das confesións relixiosas en España e Galicia (1976-2008). A Igrexa católica. As Igrexas evanxélicas. A comunidade islámica. A comunidade xudía.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000