Guia docente 2010_11
Facultade de Historia
Máster Universitario en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais
 Materias
  O Fenómeno Relixioso e a Evolución do Patrimonio Eclesiástico na Galicia Contemporánea
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Establecer relacións entre as características dos conceptos analizados e dos contextos e dinámicas sociais e políticas estudadas.
A3 Identificar as bases metodolóxicas e historiográficas sobre as que se sostén a interpretación dun determinado fenómeno histórico.
A4 Interpretar os fenómenos sociais e culturais así como os conflitos políticos á luz da súa xenealoxía fenomenolóxica e conceptual.
A5 Realizar actividades de investigación arquivística, museística, bibliográfica, audiovisual e informática aplicadas aos campos da historia, o territorio e os recursos patrimoniais.
A8 Capacidade para a toma de decisións sobre a función que se lle asigna ao patrimonio, a súa posta en valor e uso público.
A11 Capacidade para elaborar estratexias encamiñadas á recuperación do patrimonio.
A12 Capacidade para a difusión e divulgación do coñecemento científico e creación de mensaxes con fins de sensibilización social sobre o patrimonio.
B1 Analizar, sintetizar e interrelacionar feitos e conceptos histórico-xeográficos e artísticos dende unha perspectiva crítica.
B2 Establecer hipóteses a partir de datos dispoñibles e proceder á súa confirmación ou refutación mediante a aplicación dunha metodoloxía científica.
B3 Dominar a formulación de problemas de investigación teórica e aplicada.
B4 Coñecer e utilizar os recursos documentais máis recentes en relación coa temática do mestrado.
B5 Traballar interdisciplinarmente
B7 Presentar por escrito os resultados do traballo de investigación con criterios de calidade científica.
B8 Aplicar a informática e outros medios audiovisuais ao traballo de fin de mestrado.
B9 Comprometerse a desenvolver e manter unha actitude ética tanto no seu traballo coma nas súas relacións sociais.
B10 Mostrar sensibilidade ante a problemática ambiental.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000