Guia docente 2010_11
Facultade de Historia
Máster Universitario en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais
 Materias
  Territorio e Asentamentos Rurais na Gallaecia
   Competencias de titulación
Código Descrición
A2 Identificar os elementos que conforman unha cultura política e que permiten distinguir entre as diferentes culturas dunha época e un lugar determinado.
A3 Identificar as bases metodolóxicas e historiográficas sobre as que se sostén a interpretación dun determinado fenómeno histórico.
A5 Realizar actividades de investigación arquivística, museística, bibliográfica, audiovisual e informática aplicadas aos campos da historia, o territorio e os recursos patrimoniais.
A7 Adquirir a capacidade para discriminar e valorar as distintas manifestacións do patrimonio así como interpretar e utilizar as normas de aplicación deste.
B1 Analizar, sintetizar e interrelacionar feitos e conceptos histórico-xeográficos e artísticos dende unha perspectiva crítica.
B2 Establecer hipóteses a partir de datos dispoñibles e proceder á súa confirmación ou refutación mediante a aplicación dunha metodoloxía científica.
B5 Traballar interdisciplinarmente
B6 Saber xestionar a información recollida.
B9 Comprometerse a desenvolver e manter unha actitude ética tanto no seu traballo coma nas súas relacións sociais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000