Guia docente 2010_11
Facultade de Historia
Máster Universitario en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais
 Materias
  Patrimonio, Museoloxía e Arqueoloxía: O Pasado como Discurso Histórico
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Saídas de estudo/prácticas de campo A participación activa na saída de estudo será avaliada mediante a presentación dun informe ou memoria da actividade. 30%
Titoría en grupo Valorarase a asistencia ás titorías. 10%
Traballos tutelados Os conceptos adquiridos nas sesións maxistrais e nos seminarios, serán avaliados de forma integrada mediante a súa aplicación ao desenvolvemento dun traballo individual tutelado que deberá ser presentado. 40%
Outras A asistencia e participación activa nas clases de aula será avaliada. 20
Probas de resposta curta Proba de resposta curta ou tipo test sobre os conceptos adquiridos nas sesións maxistrais e seminarios (para os alumnos que non acudan ás clases de docencia presencial). 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Tódolos alumnos teñen o dereito de ser avaliados mediante unha proba de avaliación final.


Todos os alumnos deberán presentar o traballo tutelado e o informe ou memoria da actividade externa, que deberán desenvolver pola súa conta. Os alumnos que non acudan ás clases de docencia presencial deberán examinarse dos conceptos adquiridos nas sesións maxistrais e seminarios mediante unha proba de resposta curta e/ou tipo test. Neste caso as porcentaxes de avaliación son: Informe ou memoria da actividade 20%; Asistencia a titorías 10%; Traballos tutelados 30%; Proba de resposta curta ou tipo test 40%.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000