Estudo de casos/análises de situacións |
Análise dun caso real coa finalidade de coñecelo e interpretalo, para reflexionar, completar coñecementos, xerar hipóteses, e introducir os procedementos e técnicas de investigación. |
Saídas de estudo/prácticas de campo |
Actividade dirixida de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa investigación na materia. Desenvolverase en espazos non académicos exteriores.
|
Traballos tutelados |
O estudante, de maneira individual, elabora un documento sobre a temática da materia (memoria, ensaio, resumo de lecturas).
Inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... |