Guia docente 2010_11
Facultade de Historia
Máster Universitario en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais
 Materias
  Espazo, Mito e Realidade Histórica na Grecia Antigua
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos de aula Lectura da Odisea de Homero con especial atención ás mulleres que alí aparecen. Os/as estudantes verán o filme La Odisea dirixida no ano 1997 por Andrei Konchalovsky.
Seminarios Os/as estudantes terán contacto directo coas distintas metodoloxías aplicadas ao mito e coas fontes do seu coñecemento (escritas e iconográficas) e coas fontes da realidade histórica e espacial da muller da antiga Grecia. As impresións extraídas expoñeranse a través dun debate.
Traballos tutelados A partir dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais, a lectura da Odisea e a visión do filme, os/as estudantes deberán elaborar un traballo relacionado coa situación da muller que se reflicte na obra homérica e no filme, analizando as razóns das similitudes e das diferenzas. A profesora, mediante titorías personalizadas, fará un seguimento deste. Será exposto na aula un resumo do traballo.
Sesión maxistral A profesora irá expoñendo os temas e subtemas, con apoio da ferramenta informática Power Point, na que se incluirán as ideas principais que se desenvolverán, así como datos sobre as fontes de estudo básicas (literarias e iconográficas) e outras ideas extraídas da historiografía actual.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000