Metodoloxía que lle permite ao alumnado aprender de forma efectiva a través da realización de actividades de carácter práctico tales como exercicios e supostos mediante o uso do aprendido nas leccións maxistrais. Os obxectivos desta técnica son acadar unha maior competencia dos contidos aprendidos na teoría e ilustrar as súas potenciais aplicacións. Estas clases prácticas impartiranse cada semana ao remate da docencia maxistral e en sesións dunha hora.
Titoría en grupo
Nas titorías en grupo aproveitaremos tamén a dispoñibilidade das ferramentas informáticas para a aprendizaxe dos contidos teóricos, incluíndo a realización de probas autoavaliables no ordenador.
Sesión maxistral
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e coa introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudante, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000