Evolución do Dereito español nas distintas etapas histórico-xurídicas, desde o Dereito primitivo ata a codificación. É unha materia de formación básica que lle permitirá ao alumno entender a evolución do noso ordenamento xurídico, así como adquirir unha mellor comprensión da realidade xurídica actual.