A materia «Fundamentos da Contabilidade e Finanzas» introduce ao alumno de Dereito no medio financeiro da empresa, incorporándoo non só ao coñecemento da normativa propia da contabilidade asociada ao Dereito mercantil, tanto no ámbito nacional, como europeo ou internacional, senón tamén á posibilidade de saber, desde outra perspectiva máis técnica ou económica como se elabora e interpreta a información financeira publicada polas empresas. En definitiva, trátase de aspectos que serán de gran utilidade para o futuro profesional do Dereito cando se atope con cuestións concernentes á avaliación das empresas mediante as contas contables.