Guia docente 2009_10
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Principios de economía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividades relacionadas coas prácticas. Poderán consistir na entrega de exercicios resoltos, exposición de exercicios no encerado, controis periódicos, traballos, etc. Hasta un 30 de la nota.
 
Outros comentarios sobre a Avaliación






Modalidade presencial.


Tanto na primeira como na segunda
convocatoria, a nota final da materia constará de dous bloques. Por un lado,
un exame escrito que valerá ata un 60% da nota (6 puntos) e doutra banda, a
avaliación continua, que pesará ata un 40% na nota final (4 puntos).



Exame escrito (ata 6 puntos): haberá un exame parcial
liberatorio de contido tanto teórico como práctico da primeira metade da
materia (módulos A, B, e C) na semana 9-10 e un exame final que se realizará
na data oficial establecida no calendario de exames. Os alumnos que superen o
exame parcial só terán que examinarse no exame final da segunda parte do
programa (módulos D e E ). Os alumnos que non superen o exame
parcial terán que examinarse de toda a materia no exame final.

Para poder aprobar a materia será requisito imprescindible
ter obtido como mínimo dous puntos dos seis posibles neste primeiro bloque. A
nota obterase como a media aritmética das dúas partes da materia ou a nota do
exame final.



Avaliación continua (ata 4 puntos): o 40% restante da nota
obterase mediante a avaliación continua do alumno, o que inclúe a asistencia
tanto ás clases teóricas como ás clases prácticas e aos seminarios, a entrega
de follas de exercicios, a entrega de traballos e a nota dos pequenos
controis que periodicamente se poidan facer. Concretamente, a puntuación será
a seguinte:

- 1 punto pola asistencia ás clases teóricas, clases
prácticas e seminarios. Para obter este punto, o alumno deberá asistir, polo
menos, ao 80% das clases teóricas e ao 80% do resto das actividades.

- Ata 3 puntos polo resto das actividades como son as
notas dos controis periódicos, os traballos relacionados coas prácticas de
laboratorio, a entrega de follas de problemas, etc.



Nota importante: como xa se mencionou, para superar a
materia, o estudante deberá obter polo menos dous puntos (un 33% sobre un
máximo de seis puntos) no exame escrito. A cualificación final calcularase,
neste caso, mediante a suma das notas no exame escrito e na avaliación
continua.


 


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000