AVALIACIÓN
A avaliación é considerada nesta guía como
un proceso formativo máis no seguimento dos obxectivos aos que se aplica unha
metodoloxía adaptada aos perfís formativos, coincidente coas propostas do
alumnado, así como os resultados que se obterán na materia, que sirve de
orientación aos logros persoais acadados polos discentes, de modo que saiban
organizar a súa tarefa eficazmente, enfrontando o factor fracaso ou, no seu
caso, a baixa cualificación, coa corrección de metodoloxías e actitudes de
pobre resultado ou carentes da efectividade temporal establecida polo
programa. O obxectivo da avaliación adáptase ao calendario docente e informa
ao alumnado de cal é o seu grao de excelencia con respecto á materia.
O proceso de avaliación é continuo desde os
seus comezos e concrétase especificamente en:
· Formulación
do preproxecto, discusión, revisión e cualificación do proxecto que se
desenvolverá durante o cuadrimestre.
·
Presentación e defensa do proxecto en público usando un modelo de
presentación audiovisual ou multimedia.
·
Aprobación e posta en acción do proxectado.
A entrega será única ao final do período e
a proposta/obxecto artístico xerado deberá axustarse aos obxectivos e
intencionalidades do proxecto, así como ás especificidades do bloque de
contidos temáticos e os obxectivos da materia.
Todos aqueles alumnos que non acaden unha
nota suficiente poden presentarse ao exame final de febreiro, que consistirá
na presentación do proxecto persoal e a realización posterior en forma
de produción/post-produción da formulación/obxectualización gráfica, acorde
cos modelos estéticos e de desenvolvemento práctico presentados na materia de
“Proxectos gráficos dixitais”.
O exame correspondente a xullo do presente
ano terá os mesmos requisitos que os necesarios para o exame final da materia
no cuadrimestre e requirirá do alumno o coñecemento do temario da dita
materia que figura na guía docente.
PROBA DE AVALIACIÓN CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE
XULLO: 12 DE XULLO ÁS 10.00 HORAS
|