Proponse dar unha visión global da relación entre fotografía e arte contemporánea, lembrando os referentes históricos precisos.
A parte práctica basearase na resolución dos exercicios propostos, adecuadamente escollidos para que a maioría dos alumno podan resolvelos dentro do campo das súas preocupacións.
Aínda que se presupón que os alumnos matriculados cursaron previamente “Técnicas fotográficas”, este curso, debido ás circunstancias particulares que o cambio de plan suón, hai alumnos que non a cursaron, polo que se fará un grupo específico para eles.
A fotografía analóxica en branco e negro ocupará gran parte do programa, aínda que tamén se abordarán propostas para seren resoltas mediante fotografía dixital.